Proxecto Tetris - Iniciativa Xove 2023


 


A Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove concedeunos unha axuda de 5.000€ para o desenvolvemento do proxecto TETRIS. 

En TETRIS unimos competencias importantes que precisa a nosa mocidade: competencias tecnolóxicas, dixitais e artísticas a través da electrónica, a programación, o deseño e o marketing empresarial para desenvolver un produto coa dinámica “lean startup”.Creando un espazo onde os mozos se reúnan para aprender de maneira non formal e creen unha historia/videoxogo, unha consola arcade, instrumentos electrónicos e un plan de promoción destes produtos a través dun vídeo, páxina web e redes sociais.

Aquí podedes ver algunhas da máquinas recreativas creadas por os nosos rapaces.


No hay comentarios:

Publicar un comentario