Ler conta moito 2021



Continuamos a innovar nos nosos obradoiros de «Ler conta moito»: este ano introducimos drons no Xogo de Ender e construímos os nosos propios marcadores laser. Contamos con vos!
Aquí as nosas propostas:
1. O Xogo de Ender (robótica creativa, drons e lásertag):
Unha clase de Robótica creativa, moi divertida: aprenderán a programar con bitbloq e arduino, construirán un pequeno circuito eléctrico e xogarán cun lasertag moi orixinal: terán que facer voar dous cuadricopteros e desactivalos coas pistolas láser.
2. O Principiño en figuras de luz (contacontos e obradoiro artístico):
Contamos a historia do Principiño e facemos un obradoiro de figuras luminosas moi atractivas. Sempre construímos algo para a propia Biblioteca e os rapaces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario